Camino, Abril (1980-)

Mulleres que viven xuntas / Camino, Abril - 1ª ed. - Vigo : Xerais , 2025 - 144 p. ; 23 cm x 15 cm - Xerais Narrativa ; 554 .

"En 1955, despois da morte de seu pai, Isabel, que aínda non fixo os dez anos, vese na obriga de marchar para Londres, onde será acollida polos tíos. Cando en 1968 regresa á súa aldea, preto de Compostela, coñece a Chus, unha mestra que coidou da súa nai mentres ela non estaba e con quen vai iniciar unha relación de amor que durará toda a vida. O medo ao que dirán e a manifestar a súa situación sentimental durante a represión franquista, provoca que manteñan un segredo que lles afectará profundamente. Cun estilo sobrio e cunha magnífica construción das personaxes, que van medrando a través da intercalación de distintos tempos e voces narrativas, «Mulleres que viven xuntas» interpela as lectoras e lectores para reflexionar sobre as dificultades e repercusións que a orientación sexual pode supoñer para algunhas persoas. Unha obra conmovedora tecida cos fíos de cores do amor e da paixón, mais tamén con moitas puntadas escuras de frustración" [En 4ª de cuberta; sinopse elaborada pola editorial].

1º-2º BAC Adultos/as

9788411107396


Lesbianismo - --Novelas

821.134.4-31"20"

Coa tecnoloxía Koha