O Camiño de Middelharnis / Xosé Cid Cabido
por Cid Cabido, Xosé [autor/a]
; Xosé Cid Cabido [autor/a]
.
Tipo: | Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Prestable | IES de Salvaterra de Miño Sala préstamo | 82N-G CID cam | 1 | Dispoñible | Adultos | PED022000002050 |
|
|
| Prestable | IES de Salvaterra de Miño Sala préstamo | 82N-G CID cam | 1 | Dispoñible | Adultos | PED022000002051 |
|
Faste a un lado, porque o carapucho vermello do home Sangue impídeche captar a totalidade da pedra. Algunha man podería estala emboutando. Agavear polo mastro granítico, acadar o sólido picote, empoligarse nel, poñer o cu no seu colo fálico e imperfecto.O home do carapucho capta nos teus ollos esa mostra de asenllo pola pedra. El sabe que está alí espetada. Pero actúa como se non quixese participar do seu engado, como se houbese unha boa razón para preferir a inexistencia da pedra hirta entre as xestas e o carpazo. El cala. Xa estás botando de menos o seu dicir aleccionante. Medra o día. Séntaste no chan e o Sangue imítate coidando sempre de non virarse, para que no seu campo de visión non vaia entrar por casualidade a pedra que a ti tente xa enfoumado.
3º-4º ESO